Valga recolle firmas para reclamar a construción dun apeadoiro de tren

As follas de firmas estarán a disposición de todos os veciños no concello e no auditorio municipal

Pasajeros en la estación del tren en Vilagarcía de Arousa.

Pasajeros en la estación del tren en Vilagarcía de Arousa. / FDV

Redacción

A recollida de sinaturas anunciada o pasado luns polo alcalde, José María Bello Maneiro, para reivindicar a creación dunha parada de tren (estación-apeadoiro) ponse en marcha en distintos puntos do municipio, “tratando de facilitar o máximo posible a participación da veciñanza nun asunto de máximo interese para Valga”, sinala o rexidor.

As follas de firmas estarán a disposición de todos os veciños no concello e no auditorio municipal. Ademais, tamén se fixeron chegar a algunhas das principais industrias e empresas de Valga, para que asinen os seus traballadores, e ao IES e ao Centro Superior de Música, para que o seu alumnado participe na campaña. As sinaturas recollidas faranse chegar á Consellería de Infraestruturas da Xunta e á Delegación do Goberno en Galicia para que respalden esta vella demanda do Concello.

A creación dunha parada de ferrocarril en Valga sería de “vital importancia” para o municipio, di Bello Maneiro, que explica que favorecería a mobilidade dos traballadores das industrias locais.