Portos encargou un estudo para a integración e reordenación da fachada marítima de Labarta

Así o expuxo a presidenta do ente público, Susana Lenguas, nunha reunión co alcalde, Santiago Freire, e representantes do estudo adxudicatario

Santiago Freire e Susana Lenguas, ambos no centro, cos técnicos

Santiago Freire e Susana Lenguas, ambos no centro, cos técnicos / Xunta

A Administración autonómica, a través de Portos de Galicia, contratou a redacción dunha proposta preliminar de ordenación arquitectónica da fachada marítima de Noia para aportar unha concepción global dos espazos para desenvolver a chancela portuaria de Labarta.

Así o expuxo a presidenta do ente público, Susana Lenguas, nunha reunión co alcalde, Santiago Freire, e representantes do estudo de arquitectura adxudicatario dos traballos.

Todas as partes coincidiron en que o porto de Noia é un importante espazo tanto para eventos como para actividades deportivas e tamén destacaron a necesidade de contar con superficie para aparcadoiro.

En relación coa chancela portuaria de Labarta, Portos busca que a solución que se presente contemple en detalle as necesidades actuais e manteña coherencia coa contorna da fachada marítima. Para isto é necesaria unha perspectiva xeral do espazo baseada na ordenación, integración paisaxística, mellor aproveitamento da superficie portuaria e posta en valor da franxa litoral do municipio.