Matemático Rodríguez xa ten un busto renovado do seu rostro real

En 2024 cumpriranse douscentos anos do pasamento do matemático, fillo ilustre de Lalín

Participantes no acto a carón do busto

Participantes no acto a carón do busto / c. l.

Redacción

Este domingo descubriuse na parroquia lalinense de Bermés un busto actualizado, renovado e baseado no rostro real de Xosé Rodríguez González (1770-1824), coñecido como Matemático Rodríguez. Un acto necesario para a posta en valor e mellor coñecemento do ilustre científico galego e que foi presentado polo cronista Daniel González Alén. Entre as autoriddes atopábanse o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez; o alcalde, Xosé Crespo; membros da familia do homenaxeado; representantess da Corporación municipal; o escultor que fixo a obra, Félix Gil; académicos e veciños da zona.

O rexedor lembrou que en 2024 cumpriranse douscentos anos do pasamento do matemático, cuxos traballos foron de importancia mundial, “sendo convinte planear actos de homenaxe en Lalín e en toda Galicia”, sinalou. Un reto que o mandatario local lle transmitiu ao conselleiro, quen tamén quizo enxalzar a figura deste Fillo Ilustre de Lalín.

Os numerosos veciños e veciñas que participaron no acto puideron comprobar o rostro real (co que non se correspondía o anterior busto) do que algúns definen como “o esquecido xenio galego que axudou a crear o Sistema Métrico Decimal”.