O valenciano Xavier Ferrer Chust é o gañador do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

Acadou o primeiro premio cunha imaxe titulada "Díptico 678" pola que recibirá 1.500 euros e un diploma

Membros do xurado durante a deliberación no Pazo da Cultur

Membros do xurado durante a deliberación no Pazo da Cultur / C. C.

redacción

O fotógrafo valenciano Xavier Ferrer Chust acadou o primeiro premio do XXV Certamen Fotográfico Xosé Manuel Eirís cunha imaxe titulada Díptico 678, pola que recibirá 1.500 euros e un diploma. Leva corenta anos facendo fotos e ten participado en ducias de exposicións, ademais de ser autor de numerosas publicacións. No seu palmarés ten máis de 200 galardóns.

O segundo premio foi para a fotografía La playa, do ourensán Miguel Gómez Muñiz, e o Premio Especial Carballo foille outorgado a Verónica Ramilo Graña, pola súa imaxe O posto de Angelita de Lendo. Este ano tamén se entregará un accésit de 300 euros e diploma a Iago Pensado Malleu, pola súa obra Adoración da típula.

A entrega dos galardóns terá lugar o vindeiro xoves, 27 de abril ás 20.00 horas, no terceiro andar do Pazo da Cultura. No mesmo acto será inaugurada a exposición das obras gañadoras e dunha selección realizada polo xurado entre todas as imaxes presentadas a esta vinte e cinco edición do certame carballés.