Pontón: “Con Devesa, Teo ten máis oportunidades de futuro”

Pontón, onte, coa candidatura do BNG en Teo / cedida

Pontón, onte, coa candidatura do BNG en Teo / cedida / . redacción

Redacción

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, visitou o concello de Teo para reclamar máis e mellores servizos públicos para a veciñanza. Acompañouna o candidato á alcaldía, Eloi Devesa, ao que cualificou como “unha persoa moi preparada para poder afrontar os retos de futuro do concello, entre eles, a atención do benestar da cidadanía”.“Levamos tempo vendo como os catorce anos de goberno do PP supuxeron unha paralización de iniciativas e obras para mellorar a calidade de vida da xente maior”, indicou, denunciando que “en todo ese tempo o PP non construíu nin unha soa residencia pública”.“Nun municipio como é Teo e onde os veciños e veciñas levan moito tempo reclamando un centro de día, o que fixo o goberno do PP foi botar abaixo o proxecto que xa existía para non construír o equipamento, fundamental para as persoas maiores”, recalcou Pontón. “Fronte a isto, o do BNG pon no centro as persoas, o seu benestar”, declarou. Finalmente amosouse segura de que o o Bloque vai ter un resultado histórico o 28-M