Vanessa Vidal avoga por un Ames “no que se poida vivir mentres se desfruta”

A candidata de Podemos á alcaldía contou este martes co apoio de Juan Carlos Monedero // Quere recuperar espazos para uso social

Antón Gómez-Reino, á esquerda, Angélica Serantes, Vanessa Vidal e Juan Carlos Monedero /podemos ames

Antón Gómez-Reino, á esquerda, Angélica Serantes, Vanessa Vidal e Juan Carlos Monedero /podemos ames / redacción

Redacción

Juan Carlos Monedero, presidente do Instituto de República & Democracia de Podemos, arroupou a Vanessa Vidal, candidata á alcaldía de Ames, e a toda a candidatura.

Vidal destaca que teñen unha vantaxe en Ames “porque levamos cogobernando oito anos, e iso dalgunha forma permitiu que se nos recoñecera pola rúa. A xente sabe que Podemos existe en Ames, e por iso digo que nós viñemos para quedar, pero sobre todo para gobernar. Porque todo o mundo sabe que as políticas sociais as ten que levar Podemos, que se nós non estamos facendo forza desde abaixo as cousas non mudan, as conciencias non mudan e todo seguiría igual”.

Vidal avoga por un concello “no que se poida vivir mentres se desfruta, que sexa accesible e sostible medioambientalmente, feminista e que avogue pola xustiza social, que sexa dinámico, con novas oportunidades para á mocidade, onde se poida facer comunidade e comprendamos a importancia da saúde emocional implementando políticas que permitan recuperar os espazos públicos para uso social”.

Angélica Serantes, candidata número 3, quere involucrar á xente máis nova na política local mediante a súa inclusión na participación dos procesos políticos. “É necesario o aporte de novas ideas, novas visións e solucións aos problemas que máis afectan á mocidade”, dixo.