Denuncian a perda de dous docentes este curso no IES Terra de Soneira vimiancés

Exterior del IES Terra de Soneira

Exterior del IES Terra de Soneira

J. M. R.

O BNG de Vimianzo asegura que o IES Terra de Soneira perde este curso dous profesores, que se suman “aos seis docentes que a Consellería de Educación eliminou nos tres cursos anteriores”.

Unha perda que, aseveran os nacionalistas, “limita a posibilidade de ofrecer e impartir materias optativas” e tamén impide “unha axeitada atención á diversidade, xa que non habería docentes suficientes para desdobrar grupos ou organizar reforzos”. Todo isto, engaden, “repercutiría tamén na baixada de calidade do ensino, xa que non se poderían facer actividades como son as prácticas de laboratorio ou as prácticas de conversa en linguas extranxeiras”.

Dende o BNG lembran que nos últimos anos o IES Terra de Soneira “vén presentando uns dos mellores resultados da provincia nas probas da ABAU e hai que tentar que esta dinámica no mude”. O portavoz dos nacionalistas, Benjamín Queiro, considera que “é moi necesario a existencia dunha ANPA polo que animamos a tentar crear esta asociación”.