Zas impulsa unha antoloxía poética de Enrique Labarta Pose que será publicada por Galaxia

José M. Brenlla, esda., e Xosé M. Soutelo, asinando o convenio / c. zas

José M. Brenlla, esda., e Xosé M. Soutelo, asinando o convenio / c. zas / J. M. RAMOS

O Concello de Zas, coa colaboración da editorial Galaxia, publicará unha antoloxía da obra poética en galego do escritor e xornalista baiés Enrique Labarta Pose, como un “paso máis para avanzar cara a meta, que é conquerir que a Real Academia Galega lle adique un Día das Letras Galegas”, afirmou el alcalde, Manuel Muíño.

Unha obra que recollerá unha escolma poética do autor que foi seleccionada polos filólogos Xosé Manuel Varela Varela e Xosé María Rei Lema, quenes asinan o limiar da publicación, a cal verá a luz este ano, segundo o rexedor zaense. A tirada inicial será de 700 exemplares, dos cales 200 serán adquiridos polo Concello para regalos institucionais.

O director de Galaxia, Xosé Manuel Soutelo, asinou este xoves o convenio co tenente de alcalde de Zas, José Manuel Brenlla, e afirmou que confía en que esta obra “sirva para dar a coñecer aínda máis a figura de Labarta Pose, non só por parte dos veciños e veciñas de Zas, senón tamén polas novas xeracións que se achegan á cultura galega”.