I andaina “Camiño ao respecto” en Trazo
O roteiro ten unha extensión de 4 quilómetros
A saída e a meta serán no propio Concello
No marco das actividades conmemorativas do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, o Concello de Trazo organiza a primeira edición da andaina solidaria “Camiño ao respecto”.
A iniciativa busca sensibilizar a comunidade sobre a importancia de erradicar a violencia de xénero e promover o respecto mutuo. A participación está aberta a calquera persoa que desexe sumarse, sen límite de idade, nun esforzo conxunto por construír unha sociedade máis igualitaria e xusta.
O roteiro, cunha extensión de 4 quilómetros, foi deseñada para ser accesible a todos as persoas, cun nivel de dificultade considerado baixo. O punto de encontro e finalización será no Concello de Trazo, no lugar de Viaño Pequeno, onde se espera a chegada dos participantes.
Dodro une forzas contra a violencia de xénero
A I Andaina “Camiño ao respecto”, que terá lugar o 26 de novembro, é unha oportunidade para unir forzas e alzar a voz contra a violencia de xénero. A través deste evento, o Concello de Trazo busca fomentar a reflexión e concienciar a comunidade sobre a necesidade de construír relacións baseadas no respecto e a igualdade.
Para obter máis información e detalles sobre a andaina, pódese contactar con Cruz no número 607 430 006. O Concello de Trazo convida a toda a comunidade a sumarse a esta iniciativa en solidariedade coas vítimas e no compromiso de construír unha contorna onde reinen o respecto e a igualdade.
Temas
Más en Área
-
Una empresa de Noia transporta un rinoceronte indio desde Polonia hasta Córdoba
-
La oposición tumba los presupuestos de Rianxo, y el alcalde se someterá a una cuestión de confianza
-
La alerta de un guardia civil fuera de servicio permite interceptar a un conductor ebrio en Carballo
-
O rexeitamento a un vertedoiro en Niveiro enche a capital de Val do Dubra co apoio do Concello de Trazo