Solidariedade e festa con galardóns, cestas bebé e prebadaladas para celebrar o Nadal
Santa Comba e Ames van despedir o ano con varias horas de adianto
Abarrote no belén de Valga
Lalín agasallou aos novos
Brión elixiu a mellor decoración
Avanza o Nadal polas comarcas de Área cunha chea de actividades solidarias, como o partido benéfico a favor da familia á que lle ardera a casa en Tordoia, pero tamén sociais, como a entrega de cestas de benvida aos natalicios de Lalín, ou os chamamentos para colaborar co desfile de Reis, algo común á meirande parte dos municipios, sen esquecer aqueles que optaron pola fórmula das prebadaladas a beneficio dos seus festeiros, como Santa Comba ou Ames. E, por suposto, continúa a entrega de galardóns polas decoracións e felicitacións festivas.
Comezando polas cestas da benvida a natalidade, os concelleiros Carmen Canda e Marcos Mariño, de Lalín, entregáronllas a 13 familias. Foron 7 nenas e 6 nenos os menores beneficiarios na que foi a sétima entrega deste ano, sumando un total de 59 axudas anuais. Inclúen varios produtos básicos para o coidado dos recentemente nados e como recibimento que o Concello fai por estes novos lalinenses. O prazo de presentación de solicitudes segue en marcha no que queda do presente ano. E para aqueles nacementos, adopcións ou constitucións de tutela que se produzan no mes de decembro de 2023, o período hábil estará aberto ata o vinte de xaneiro de 2024.
No que atinxe ás prebadaladas, o Concello de Santa Comba fai un chamamento aos seus veciños para que o día 30 acudan ás 18.00 horas ata o pavillón de Fontenla, onde estarán as campioas de baile Mélani Lois e Ainhoa González como convidadas de honra e poderán gozar coa música de Xeración Babalú DJ (CBC Producciones) e a cantante Noelia Rial, sen esquecer os inchables e o brinde con uvas. Ames tamén convoca á veciñanza o día 31 de decembro para celebrar as prebadaladas de fin de ano, entre as 11.00 e as 14.00 horas, nun acto presentado por Loli Gómez na Praza do Concello de Bertamiráns, onde actuarán os gañadores de Canta con Ames e se entregarán os premios da Xincana Xove.
Mary Poppins llega a Ames agotando todas las entradas en su primera fecha
No caso de Brión veñen de divulgar os nomes dos premiados do concurso de decoración de Nadal, que rematou coas seguintes puntuacións para facer o podio: Carmen Montero, de Bastavales, acadou 338; Carol Rivas, da mesma localidade, 308; e Oimabe Vioxo, da Luaña, reuniu 183.
Xa en Valga, a capacidade do belén artesanal en movemento para atraer visitantes non deixa de sorprender. Porque, se durante a ponte da Constitución foron máis de 10.000 as persoas que se achegaron a Campaña atraídas pola sona do nacemento, na fin de semana do 16 e 17 non foron menos e, de feito, tiveron que ampliar o horario de apertura para que ninguén quedara sen ver a montaxe.
Máis de 10.000 persoas ateigaron o Belén de Valga só na pasada ponte festiva
Así, a situación vivida o domingo 17 reflicte á perfección esa avalancha de turistas: pola mañá chegaron ata o belén once autobuses cargados de excursionistas e, pola tarde, outros cinco. As procedencias foron do máis diverso: Asturias, Cambados, Ponteareas, Celanova, Fisterra ou Vigo, por citar algunhas. E a isto houbo que engadir os centos de persoas que chegaron en pequenos grupos familiares ou de achegados. A afluencia obrigou a ampliar en dúas horas a apertura do nacemento: de 11.30 a 14.30 e de 16.30 a 21.30 horas.
“Foi unha invasión, un dos días de maior asistencia da historia do belén. Houbo colas e colas de xente durante toda a xornada e algúns estaban preocupados pensando que íamos pechar sen que puideran entrar, pero aquí mentras haxa xente non se cerra”, indican dende a asociación.
La familia a la que se le quemó la casa en Tordoia espera poder cerrar el tejado este fin de semana
E o sábado anterior “tamén houbo moitos autobuses e tivemos que abrir durante toda a mañá –cando habitualmente está pechado– xa que chegaban continuamente. Foi unha fin de semana moi boa”, conclúen dende Amigos do Belén.
Ademais, os usuarios e usuarias da Fundación de Discapacitados Psíquicos de Barcala exerceron como axudantes de Papá Noel no CEIP O Coto, repartindo caramelos como un pequeno adianto do Nadal. E por último, a beneficio da familia do municipio de Tordoia que perdeu a casa nun incendio, o Resmón C.F. de Trazo organiza un partido benéfico para o vindeiro día 31, ás 16.30 horas no campo da Sagrada, entre as categorías sénior e feminina.
Temas
Más en Área
-
Los comedores de Ames abrirán este lunes y Sanidade admite al menos un centenar de afectados por gastroenteritis
-
Vimianzo estrena una senda urbana, una ruta saludable de 3,7 Km y un ciclo de seis andainas
-
La Policía Local de Ribeira pide la colaboración ciudadana para localizar a tres menores que dieron una paliza a otro
-
Guadalupe Vázquez e Modesto Fraga inauguran a biblioteca rural da escola fisterrana do Val de Duio