Muros acorda un plan de limpeza coa armadora do buque "ante a inacción do resto de administracións"
Unha empresa contratou a 18 traballadores locais
Actúan xa en Area Maior coa colaboración de voluntarios

María Lago cos traballadores da empresa contratada / Concello de Muros
Suso Souto
O Concello de Muros pechou coa aseguradora da empresa armadora e coas entidades de voluntariado un plan de limpeza dos pellets de plástico nas praias que se puxo en marcha este martes.
“Está todo organizado e hoxe mesmo ás 15.00 horas comezaron os traballos de limpeza na praia de Area Maior”, explica a alcaldesa de Muros, María Lago.
O Concello de Muros chegou a un acordo coa aseguradora da empresa armadora do buque para realizar estas tarefas. Unha empresa de limpeza contratou a 18 traballadores locais para efectuar os traballos coa axuda dos voluntarios.
A alcaldesa asegura que “ante a inacción do resto das administracións decidimos buscar nós unha solución”. “Serán uns traballos tediosos e que levarán un tempo, porque dependen tamén de factores como as mareas, pero non podemos esperar máis, todas as praias do concello están afectadas”, explica María Lago.
Este martes celebrouse na confraría de Muros unha reunión entre o Concello, a empresa de limpeza, representantes da confraría, voluntariado e outras entidades civís para coordinar o operativo.
Son necesarias unhas tarefas de prelimpeza das praias que farán os voluntarios, para despois encargarse a empresa da retirada dos pellets.
O Concello tivo coñecemento da chegada dos pellets o 3 de xaneiro e o domingo 7 efectuouse unha análise da situación coa empresa de limpeza da aseguradora para decidir como proceder cos traballos.
- Pregón de las Fiestas del Apóstol: la concelleira descarta a Borja Iglesias
- Netflix regresa a Galicia con la serie que acerca la historia real de la narcotraficante detrás del mayor alijo de cocaína incautado en los 90
- Una heladería de Santiago, entre las favoritas de los mejores heladeros de España
- Fiestas del Apóstol 2026 en Santiago: programa completo, conciertos, fuegos y actividades día a día
- El rincón marinero a 40 minutos de Santiago donde veranea Christian Gálvez: paseos de dos kilómetros junto al mar, el mejor marisco y un jardín único en Europa
- Burger King cancela su colaboración con el gallego El Xocas: 'Sus declaraciones no representan los valores que defendemos
- El Santiago que no pudo ser: así habría cambiado la ciudad con la gran avenida que iba a unir Porta Faxeira con el Obradoiro
- El juzgado admite a trámite una demanda de Galicia y Andalucía contra la Federación Española de Pesca por excluirlas del mapa de campeonatos nacionales


