As bibliotecas de Bertamiráns e Milladoiro fomentan a lectura cun novo ciclo de contacontos
Vai dirixido a cativos de tres a oito anos e inclúe catro propostas que terán lugar mensualmente
Este martes comezan as sesións de contacontos organizadas polo departamento de Bibliotecas do Concello de Ames. Estas propostas de animación á lectura entre o público infantil están orientadas a nenos e nenas de 3 a 8 anos e vanse desenvolver nas bibliotecas de Bertamiráns e do Milladoiro.
Deste xeito, súmanse aos tradicionais Encontros Literarios dirixidos a público adulto que se celebran no Pazo da Peregrina para presentar diversas obras literarias.
Agasallan unha antoloxía de Rosalía a quen merque un libro en galego ata o 3 de marzo
Ensalada de contos é o título da proposta coa que as bibliotecas municipais inauguran estas actividades este martes ás 17.30 horas na biblioteca do Milladoiro. Esta proposta fará tres paradas en cada núcleo urbano: os días 6, 7 e 8 de febreiro estará no Milladoiro; e os días 20, 21 e 22 en Bertamiráns.
Desta volta, presentáronse catro propostas de contacontos, que se celebrarán mensualmente entre febreiro e maio. Haberá tres sesións ao mes en cada unha das bibliotecas, a partir das 17.30 horas.
Carballo activa un Club de Lectura en Galego na biblioteca da rúa San Xoán
Un, dous, tres contamos outra vez! estará na do Milladoiro os días 5, 6 e 7 de marzo, e na de Bertamiráns os días 19, 20 e 21 do mesmo mes. Posteriormente, chegará a AmesAs cores do arco da vella: no Milladoiro os días 2, 3 e 4 de abril; e en Bertamiráns os días 16, 17 e 18 de abril. Xa en maio será o turno de Croco-contos, con tres sesións no Milladoiro os días 14, 15 e 16 e outras tres en Bertamiráns os días 28, 29 e 30. As inscricións poden facerse enviando un email a biblioteca@concellodeames.gal.
Temas
Más en Área
-
O rexeitamento a un vertedoiro en Niveiro enche a capital de Val do Dubra co apoio do Concello de Trazo
-
Feiradeza promociona o gando selecto en Lalín do 7 ao 9 de xuño cos mellores exemplares bovinos a concurso
-
Clun e Fefriga unen forzas para formar aos gandeiros do futuro que garantan o relevo xeracional en toda Galicia
-
El PSOE de Santa Comba saca adelante unos presupuestos a la baja por 9,9 millones con la oposición del Partido Popular