Vinte e cinco anos exaltando o tradicional Bolo do Pote en Mazaricos
Esta fin de semana serviranse menús especiais en restaurantes do municipio
O domingo haberá degustación no campo da feira da Picota
A 25 Festa do Bolo do Pote xa está aquí. O sábado e o domingo os restaurantes Asador Manduca, Efe-Eme, Casa Jurjo, Campamento Corzón e Casa Pego de Mazaricos organizan xantares e ceas, con reserva previa. O menú inclúe bolo do pote, cocido, sobremesa, viño e café, a partires de 25 €. Ademais, son colaboradores nesta edición a Taberna Casa Senra, o Café Bar Alborada e a Pizzería Pinocchio. O domingo haberá degustación no campo da feira da Picota dende as 14.00 horas a un prezo simbólico de 2 euros, e incluirá como agasallo o prato de cerámica de Buño.
A festa está organizada polo Concello de Mazaricos, coa colaboración da Asociación de Amas de Casa El Hórreo, a Asociación de Veciños Monte Picoto e o restaurante Casa Jurjo.
Cocido, Camiño e historia da salazón en Barbanza e Arousa ‘toman’ Fitur
O bolo do pote é un complemento tradicional do cocido que se foi recuperando e reivindicando ata converterse no centro desta festa dende finais dos anos 90. Elabórase a base de fariña de millo, unha pouca de centeo e un rustrido de cebola e chichas de touciño. Amásase con auga do caldo, fanse os bolos e bótanse a cocer na pota co resto do cocido cando está a ferver. A súa orixe é tan antiga como a do propio cocido e o seu rastro pode albiscarse nos versos de Rosalía de Castro.
Temas
Más en Área
-
Ribeira pon en valor o traballo das mulleres no mar
-
Iago Toba denuncia que BNG, PP e Independientes negocian una moción de censura en Muxía
-
El festival Bacanito, que se celebrará en Boiro los días 12 y 13 de julio, confirma ya un cartel de 19 DJ’s
-
O melidense Vicente Vázquez Vidal gaña o premio Francisco Añón de poesía na categoría de maiores de 18 anos