O Castelo de Vimianzo acolle visitas teatralizadas e unha mostra de artesanía en vivo

O 29 terá lugar un roteiro polo Castro das Barreiras guiado polo arqueólogo Tito Concheiro

Vista exterior del Castillo de Vimianzo

Vista exterior del Castillo de Vimianzo / Turismo de Vimianzo

O Concello de Vimianzo organizou unha completa programación cultural para esta Semana Santa, con diferentes actividades co patrimonio do municipio como protagonista. As diferentes xornadas realizaranse desde este venres 22 ata o domingo 31.

O programa contempla as xa tradicionais visitas teatralizadas ao Castelo, que terán lugar o xoves 28 (ás 12.30 e ás 17.00 horas); o venres 29 (17.00); o sábado 30 (12.30 e 17.00); e o domingo 31 (12.30).

Tamén se farán visitas guiadas o Castelo (do 23 ao 28, ás 10.30 e ás 18.30 horas); o día 29 (18.30); e os días 30 e 31 (10.30, 16.00, 18.30 e 19.30); aos Batáns e Muíños do Mosquetín (do 23 ao 28, ás 12.00 e ás 13.00); ao Castro das Barreiras (do 23 ao 28, ás 16.00); e ao porto de Cereixo (do 23 ao 29, ás 19.30).

A maiores, o venres 29 ás 11.00 haberá unha visita guiada polo arqueólogo Tito Concheiro ao Castro das Barreiras. Baixo o título Vimianzo no tempo: do Castro ao Castelo, o historiador dará a coñecer algunhas das grandes curiosidades relativas a estes elementos.

De xeito complementario, o Castelo será escenario, do 22 ao 31 de marzo, da tradicional Mostra de artesanía en vivo, que poderá visitarse de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.30 horas. Ademais, tamén acollerá a exposición Vimianzo no tempo: do castrexo ao medievo, do 22 de marzo ao 31 de maio.

E os cativos de 7 a 14 anos poderá coñecer o municipio dunha maneira orixinal e divertida (xogando), o día un, de 11.00 a 13.00.