Afirman que xa pecharon vendas a gran maioría de expositores no Salón de Vehículos de Ocasión da Estrada
Incrementáronse a nivel estatal un 3 por cento, e un 1,5 por cento no conxunto de Galicia
Deste xeito valoran a segunda xornada dun foro que pecha as súas portas este domingo
O oitavo Salón de Vehículos de Ocasión da Feira do Moble de Galicia continúase a celebrar no recinto feiral da Estrada ata este domingo. E polo de agora, a “inmensa maioría das firmas presentes xa teñen pechada algunha venda”, confirmaban den a organización do evento. E que, como apuntan os técnicos, “hai tan só catro anos, conducir un vehículo de ocasión era sinónimo de nivel adquisitivo baixo”, pero esta consideración mudou “coa cris do sector da automoción e a falla de suministros”, o que disparou os prezos dos novos.
Trescientos automóviles de ocasión en el ferial estradense hasta el domingo
Este dato está en relación co que ofrecía Faconauto, a Federación de Asociaciones de Concesionarios de la Automoción) e Ancove (Asociación Nacional de Comerciantes de Vehículos), que aseguran que o mercado de ocasión incrementouse a nivel estatal un 3 por cento, un 1,5 por cento en Galicia. E que o 80% dos galegos que mercaron un vehículo en 2023 optaron por un modelo usado. A Coruña e Lugo foron as provincias onde máis se incrementou este mercado, chegando case que ao 2,5 por cento (Pontevedra un 0,93% e Ourense, -1,18%).
Máis de gasolina
Ademais, tamén trasladan que a demanda do consumidor final está centrada en modelos de gasolina, seguidos polos diesel, cun 9,7 e 7,3 por cento, respectivamente. E, en menor medida, figuran os eléctricos ou híbridos. O 8º Salón estradense continuará aberto ata este domingo, en horario ininterrumpido de once a vinte horas, e cunha entrada que é válida para as tres xornadas que sumou o foro, dende o pasado venres día 5 de abril. Xa no que atinxe aos sorteos de vales de combustible por 25 euros, os do venres foron para Aarón Martínez Parada (Porto do Son), Sara Varela García (A Estrada), Andrés Rodríguez (Ourense) e Catuxa Casal Vilar (A Estrada).
Temas
Más en Área
-
Chequeiras de 30 euros para que 1.330 laracheses aposten polo consumo de proximidade
-
Cee impulsa un plan estratéxico de turismo para posicionarse como un destino sostible e desestacionalizado
-
Vimianzo pon en valor as etapas da Vía Mariana
-
Danza e podcast para facer fluír o corpo e as emocións dos estudantes de Camariñas