Arranxan as instalacións deportivas teenses de Oza, Os Tilos e Augas Mansas e inclúen canastras antivándalos

Así se fixo na pista exterior da urbanización e nos parques dos falsos túneles da AG-59

Tamén actuouse nun parque infantil e no termo de auga dun polideportivo cuberto

Novas pistas e peches nas instalacións deportivas de Augas Mansas

Novas pistas e peches nas instalacións deportivas de Augas Mansas / ECG

O Concello de Teo está a actuar na mellora das instalacións deportivas municipais ao aire libre, “co fin de ofrecer uns servizos óptimos á cidadanía e que a veciñanza poida desfrutar do seu uso con seguridade”. 

Así, na zona dos Tilos colocaranse canastras antivandálicas na pista exterior e, en breve, vanse pintar. Xa no pavillón, emprazáronse taboleiros de metacrilato nas canastras de minibasket. Do mesmo xeito, mudouse o termo de auga quente, mellorando así o servizo e aminorando os custos ao non haber fugas de auga. “Ter as instalacións deportivas neste estado só conleva custos adicionais para as arcas do Concello e só conleva problemas para os seus usuarios”, dixo a alcaldesa.

Redes

E xa no entorno de Augas Mansas, cambiouse a rede da pista deportiva ao aire libre dado o mal estado que presentaba a vella; tamén se limpou a pista e se lle colocaron novas redes ás porterías, e fíxose o propio, dun xeito máis profundo, no parque infantil de Augas Mansas. E xa en Oza, concretamente nas pistas que están enriba dos falsos túneles da AG-59, colocáronse canastras antivandálicas, limpouse en profundidade esa pista de baloncesto e fixéronselle arranxos á rede que protexe esta pista e nos bancos.