Empresas e comerciantes de Carballo lanzan un SOS a Concello e Xunta para minimizar perdas polas obras da Milagrosa
Plantexan como solución a instalación dunha ponte peonil para facilitar a mobilidade
O alcalde apoia as súas reivindicacións e solicitou unha xuntanza con Augas de Galicia
O Concello de Carballo xa solicitou a convocatoria da comisión de seguimento do prevista no convenio de colaboración con Augas de Galicia para reducir o risco de inundación no río Anllóns coa finalidade de buscar unha solución á mobilidade peonil na ponte da Milagrosa. O alcalde, Evencio Ferrero, recibiu este mércores a dous representantes do comercio e da veciñanza da zona, que presentaron unha solicitude, avalada coas sinaturas de 45 empresas e 225 particulares, para a instalación dunha pasarela á altura do aparcadoiro do supermercado Gadis.
As persoas asinantes aluden ás graves consecuencias que pode ter para os negocios da zona o mantemento da situación actual durante todo o período de execución das obras da ponte, e solicitan unha pasarela provisional que facilite a conexión peonil entre ámbalas marxes do río, xa que a ordenación do tráfico rodado realizada pola área de Mobilidade está funcionando incluso mellor do previsto. “Hai menos problemas ca antes, e a rotonda funciona moi ben”, sinalaron.
Carballo dispone ya de un bypass en Muíño do Quinto para reducir el riesgo de inundaciones del Anllóns
O alcalde amosou o seu apoio á veciñanza e o empresariado da zona, ademais de manifestar que desde o primeiro momento o Concello de Carballo está a disposición das persoas afectadas. Neste sentido, os representantes veciñais agradeceron a celeridade na resposta municipal e solicitaron a intermediación do alcalde ante Augas de Galicia, como organismo responsable da obra.
Evencio Ferrero indicou que calquera tipo de actuación na canle do río, como sería a instalación dunha pasarela, require da autorización de Augas de Galicia, que neste caso, ademais, é o organismo encargado da redacción do proxecto, da contratación e da dirección das obras, e, polo tanto, o que debe articular as medidas correctoras necesarias. A competencia do Concello de Carballo limítase, tal como recolle o convenio de colaboración, á posta a disposición dos terreos e á ordenación do tráfico, como así fixo.
Unha nova ponte na rúa Fomento reducirá o risco de asolagamentos na zona máis inundable de Carballo
Con respecto á reunión da comisión de seguimento, Evencio Ferrero comentou que, segundo indicaron desde a Xunta de Galicia, para a semana próxima está previsto o nomeamento do novo responsable de Augas de Galicia, polo que todas as partes consideran oportuno agardar á súa toma de posesión para celebrar a xuntanza.
Ponte da Casilla
Por outra banda, o alcalde aproveitou a xuntanza para informar de que as obras na ponte da Casilla non empezarán ata despois do San Xoán. Despois de varios aprazamentos, a empresa adxudicataria pretendía inicialas a mediados de xuño, pero desde o Concello indicóuselle que non se permitirá que arranquen ata despois das festas.
Temas
Más en Área
-
Ribeira pon en valor o traballo das mulleres no mar
-
Iago Toba denuncia que BNG, PP e Independientes negocian una moción de censura en Muxía
-
El festival Bacanito, que se celebrará en Boiro los días 12 y 13 de julio, confirma ya un cartel de 19 DJ’s
-
O melidense Vicente Vázquez Vidal gaña o premio Francisco Añón de poesía na categoría de maiores de 18 anos