ACTIVIDADES

Ribeira enche o mes de maio de cultura e xornadas saudables

O xoves inaugurase a décimo cuarta Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

O día 15 lembrarán ao fillo adoptivo Manuel Ayaso

Fernando Abraldes, esda., Cruz Rivadulla, Antía Alberte e Fran Suárez presentando o Maio Cultural

Fernando Abraldes, esda., Cruz Rivadulla, Antía Alberte e Fran Suárez presentando o Maio Cultural / C. R.

J. M. Ramos

O Maio Cultural de Ribeira ofrece a veciños e visitantes actividades vencelladas á promoción da lingua galega e á difusión e posta en valor da cultura. A programación arrinca o xoves, día 2, coa inauguración da décimo cuarta Bienal de Pintura do Eixo Atlántico. O xoves, día 4, proxectarase o documental de Alberto Sacido baseado no escritor Suso de Toro, e o día 15, no cemiterio municipal celebrarase un acto solemne en lembranza do fillo adoptivo de Ribeira, Manuel Ayaso.

A presentación da novela O xogo de Escher, de Manuel Esteban (día 16); o espectáculo infantil de Pablísimo; unha ruada de música tradicional e un concerto da coral municipal (día 17); teatro de Redrum (día 18); unha xornada de portas abertas da Rondalla da A. C. Albéniz (día 19); a entrega de premios do concurso escolar literario e o espectáculo A danza do verán, de Xoán Curiel (día 31), complementarán o programa.

Ademais, en maio celebraranse as VIII Xornadas Saudables con cinco charlas e obradoiros no Centro Cultural Lustre Rivas.

TEMAS