Os socialistas de Negreira van promover un coworking para mellorar en emprego e en I+D

Foto de la candidatura Socialista de Negreira

Foto de la candidatura Socialista de Negreira

Manuel Ángel Leis Míguez, alcalde e candidato do PSOE de Negreira, xestionará “a posta en marcha dun coworking para fomentar a creación de empresas e o emprego no polígono” local.

“Hai moitas iniciativas de emprendores locais que vinculan o sector primario e o I+D”, asegura o candidato socialista. Esta medida é unha das principais que desenvolverán entre os seus obxectivos para os vindeiros catro anos, no caso de revalidar triunfo. Así, e tal e como xa fixeran xa no ano 2019, os socialistas presentaron dezaseis obxectivos prioritarios para o próximo mandato. “Queremos darlle aos emprendedores locais un espazo para traballar en común e crecer”, subliñaba Leis.

Por iso, comprométese, “se obteño a confianza dos veciños o 28 de maio” a intensificar as xestións “para que o coworking sexa unha realidade” para medrar economicamente e en empregabilidade.