Compromiso Outes propón crear chan industrial na zona da Xurisdición-Brión de Abaixo
Un dos proxectos máis ambiciosos de Manuel González é a integración urbana do río Tins
O alcalde de Outes e candidato á reelección por Compromiso Outes, Manuel González, presentou un programa electoral cuxo primeiro punto é a aprobación definitiva da modificación do PXOM para fixar o chan industrial na zona da Xurisdición-Brión de Abaixo.
Así mesmo, comprométese a apoiar as iniciativas de xestión sostible do monte, incluíndo ás Sociedades de Fomento Forestal, e a colaborar con propietarios particulares, coas comunidades de montes e con axentes do sector para a súa xestión eficiente e sostible, mantemento de camiños, creación de roteiros e loita contra os incendios.
No eido turístico, González pretende impulsar o Espazo Museístico da Carpintería de Ribeira Estaleiro de Ciprián como centro de referencia cultural e desenvolver proxectos para a recuperación de embarcacións tradicionais e a formación en carpintería de ribeira.
No eido das infraestruturas, plantexa un plan de racionalización e coidado das mesmas, priorizando o mantemento sobre a construción doutras novas, así como a continuación das actuacións para conservar os paseos marítimos da Ponte, Rates, Broña e O Freixo.
Ademais, quere seguir coa eliminación das tubaxes de fibrocemento e a substitución por tubaxes adecuadas na rede de abastecemento de auga na Serra de Outes.
Un dos seus grandes proxectos é a mellora da integración do río Tins no seu tramo urbano, así como a mellora da praza consistorial, a construción dunha bancada para conectar o paseo fluvial coa zona da ponte da Serra, a construción dunha nova pasarela que comunique a praza consistorial coa rúa do Tines e a recuperación de espazos ao longo do río. González quere mellorar tamén a fachada marítima do Freixo, apostando por máis espazos para os peóns, e continuar a renovación dos espazos urbanos do Cruceiro de Roo, Ponte Nafonso e A Serra.
Temas
Más en Elecciones municipales
-
Los concellos del Barbanza constituyen sus corporaciones locales: Luís Pérez ya es alcalde de Ribeira
-
El Bloque de Noia descarta entrar en un cuatripartito, pero se ofrece a investir al socialista Fran Pérez
-
La alcaldesa de Santiago responde a Verea: "Hai algunha forza política que aínda non asumiu o resultado das eleccións"
-
La gestora del PSOE de Santiago nombra a Gonzalo Muíños nuevo portavoz de los socialistas