O Bloque brionés denuncia perante a Xunta Electoral sabotaxes contra a súa propaganda

O BNG denunciou perante a Xunta Electoral de Zona de Santiago a sabotaxe contra a súa propaganda para as eleccións en diferentes puntos do concello de Brión (entre eles, Pedrouzos, Bastavales e Os Ánxeles) na noite do 12 ao 13 de maio.

O Bloque local sinala que estes feitos xa se produciron en anteriores citas electorais e que continuará a avogar por unha campaña “saudable, sen estridencias, crítica e respectuosa”. A formación engade que “somos o único partido que concorre cun programa propio para Brión”.