Desactivan unha granada antiga que localizou un particular nunha praia de Sanxenxo

O home avistouna nunha praia da parroquia de Noalla // Os equipos de desactivación da Garda Civil tiveron que acceder por mar ao atoparse o artefacto explosivo nunha zona de cantís de difícil acceso

Imagen de archivo de granadas de mano de la Guerra Civil

Imagen de archivo de granadas de mano de la Guerra Civil / ECG

EP

Axentes especializados da Garda Civil da Coruña desactivaron un artefacto explosivo localizado por un particular nunha praia de Sanxenxo, no Salnés. Segundo informou o 112, pouco despois das 17 horas deste martes, a central de coordinación tivo constancia dos feitos a través do aviso dunha persona particular, que estaba nunha praia da parroquia de Noalla, en Sanxenxo. No transcurso da conversación, explicou que observaba o que pensaba que era un artefacto explosivo oxidado, que evidenciaba o paso do tempo.

Co fin de garantir a retirada do dispositivo en condicións de seguridade, foi solicitada a colaboración dos axentes da Garda Civil e da Policía Local de Sanxenxo. Ademais, foi informada a Unidade de Policía Adscrita de Galicia (UPA).

Como se trataba dunha zona de difícil acceso, nos cantís de Faxilda, o equipo especializado da Garda Civil que se encargou das tarefas de retirada do explosivo sinalou que terían que acceder por mar até o lugar onde este se atopaba e onde foi finalmente desactivado.