CIG-Ensino denuncia a supresión de 89 prazas e 60 unidades en Educación Infantil e Primaria

Inciden, ademais, na gran oportunidade que a Consellería de Educación perde ao non realizar unha baixada nos ratios, a cal permitiría ao profesorado "aumentar a calidade do ensino"

Varios alumnos atendendo a unha clase nun colexio

Varios alumnos atendendo a unha clase nun colexio / Archivo

Redacción

CIG-Ensino denuncia a supresión de 60 unidades de educación infantil e primaria, que se traducen no recorte de 89 prazas, tralo estudo que o organismo realizou sobre a ORDE do 31 de xullo de 2023 pola que se modifican as unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes da Consellería, publicada este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Así, o organismo sinala nun escrito que estes recortes xa foran advertidos por eles o pasado 20 de xullo e "a administración no lugar de tomar nota das peticións da comunidade educativa de cara a non levar a cabo as supresións e aproveitar a baixada da natalidade para diminuír as ratios profesorado/alumnado segue adiante e incluso presume destas cifras, aínda que para iso teña que retorcer as matemáticas até límites obscenos".

Inciden, ademais, na gran oportunidade que a Consellería perde ao non realizar unha baixada nos ratios, a cal permitiría ao profesorado "aumentar a calidade do ensino".

A solución para este organismo pasa por aproveitar "a baixada da poboación en idade escolar para rebaixar as ratios e recuperar o horario lectivo do profesorado a 18 horas en secundaria e 21 horas en primaria", unha situación que, recordan, solo queda en Galicia e en Madrid "cos recortes impostos por Feijóo e Rajoy nos anos 2011 e 2012".