Ubaldo Rueda recibe o título de Fillo Adoptivo de Santiago

Ubaldo Rueda, no centro da imaxe, durante o acto no Principal / |  A. HERNÁNDEZ

Ubaldo Rueda, no centro da imaxe, durante o acto no Principal / | A. HERNÁNDEZ / ECG

ECG

O Teatro Principal acolleu onte o acto de entrega do título de Fillo Adoptivo de Santiago de Compostela a Ubaldo Rueda Soto. Previamente, tivo lugar a sinatura no Libro de Honra da Cidade no ambigú do Principal. Con cheo total no teatro e ante un público entregado, Rueda estivo arroupado polo alcalde de Santiago, Xosé S. Bugallo; e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez. Nado en 1948 na parroquia da Vide, en Monforte de Lemos, tras formarse no seu pobo natal e en Lugo, en 1968 marcha para París, onde cursou a Licenciatura en Filosofía e despois a de Literatura francesa, para a continuación ser profesor no Liceo Español. Tras aprobar unha oposición do ámbito educativo, en 1978, Rueda pasa a integrar o claustro de profesorado do IES Rosalía de Castro, centro onde se xubilou no 2018 despois de exercer como director desde 1985 e durante 33 anos.

Ademais, conseguíu posicionar o centro como un dos institutos de referencia na cidade e un dos máis influentes de Galicia. Durante a súa etapa como director promoveu, entre outras actividades, o Premio San Clemente.