O Ateneo abre a II Mostra Internacional de Cine e Educación

Cineduca comeza co filme ‘Nin un menos’. / ecg
ECG
O Ateneo de Santiago inaugura hoxe a segunda edición da Mostra Internacional de Cine e Educación (Cineduca) coa proxección da película Nin un menos (Yi ge dou bu neng shao), de Zhang Yimou, á que lle seguirá mañá El chamoume Malala (He named me Malala), de Davis Guggenheim. Ambas as dúas sesións, de acceso libre ata completar a capacidade da sala, terán lugar ás 19.00 horas na sede de Afundación da rúa do Vilar e serán presentadas e comentadas, respectivamente, por Xosé Armas, director do Departamento de Didácticas aplicadas da Universidade de Santiago, e pola psicóloga Juana María Otero. Cineduca terá lugar ao longo de todo marzo, incluíndo a proxección e análise dun total de seis películas de temática educativa mesas redondas, conferencias e o foallo II Premio Ateneo Cineduca, no cal se seleccionarán varias pezas audiovisuais realizadas nos centros de ensino galegos para a súa visualización na xornada de clausura (28 de marzo). Construído arredor do eixo temático de Outras realidades educativas, o obxectivo é mostrar experiencias educativas moi diferentes ás da nosa contorna. Nin un menos (China.1999) conta a historia dunha nena de 13 anos obrigada a substituír un mes ao mestre dunha aldea das montañas chinesas.
- El bar de Santiago premiado como uno de los mejores de España: 'Cuando lo montamos nos decían que era una locura
- La panadería de Santiago que triunfa con su café con flores: 'Estamos vendiendo más flores que pan
- Vuelve la fiesta que hace viajar a Santiago 50 años atrás: verbena, juegos tradicionales, música y magia
- Atropello en Rosalía de Castro: dos peregrinas heridas tras perder el control del vehículo un conductor octogenario
- Buscan figurantes en Santiago para la nueva película de Vaca Films: estos son los requisitos
- El restaurante más antiguo de Galicia lleva casi dos siglos abierto en Santiago: 'Fuimos ultramarinos, aserradero e incluso hicimos ataúdes
- De las aulas de Santiago a la graduación en Michigan: la historia de éxito de Carlota Garabato en Estados Unidos
- Orquesta Compostela,107 años siendo el latido musical de Santiago