Compostela Aberta apoia a creación dun Conservatorio Profesional de Danza en Santiago

La líder de Compostela Aberta, María Rozas

La líder de Compostela Aberta, María Rozas / ECG

Redacción

Compostela Aberta reiterou o seu apoio á creación dun Conservatorio Profesional de Danza, na xuntanza que María Rozas e Branca Novoneyra mantiveron con Berta Secall e Lupe Carballo, representantes da Plataforma que vén demandando a creación deste centro. Está previsto que no próximo pleno se aprobe unha declaración institucional para reclamar o conservatorio, “para o que é evidente que existe demanda, e para o que o Concello está en disposición de ceder un solar axeitado para a súa construción”. Branca Novoneyra incidiu en que “Santiago precisa avanzar na implantación das ensinanzas artísticas, e o Conservatorio Profesional de Danza é un primeiro paso cara un obxectivo de futuro que debera ser a creación dun Ciclo Superior de Danza”.