O Concello aproba a licitación do espazo interxeracional de Sar

Imaxe de arquivo. Reunión do alcalde, Sánchez Bugallo, coa veciñanza de Sar para explicarlles o proxecto. Entre os concelleiros que asistiron á xuntanza, atopábase Mila Castro.

Imaxe de arquivo. Reunión do alcalde, Sánchez Bugallo, coa veciñanza de Sar para explicarlles o proxecto. Entre os concelleiros que asistiron á xuntanza, atopábase Mila Castro. / Concello

Redacción

A Xunta de Goberno Local aprobou onte o o expediente de contratación das Obras para a creación dun espazo interxeracional no barrio de Sar, cun orzamento base de licitación de 128.267,49 euros. O espazo foi deseñado coa finalidade de que as persoas das xeracións máis novas e as de máis idade compartan coñecementos e experiencias en aras dun beneficio mutuo. É un xeito de reforzar a dimensión social deste parque, pensado para potenciar a empatía e comprensión entre xeracións, así como a transferencia de valores, segundo explicou a concelleira de Medio Ambiente e de Parques e Xardíns, Mila Castro, que apuntou que o obxectivo do proxecto é crear un espazo intexeracional xerando unha zona de xogos e outra de estar con árboreda; que se integra á súa vez nunha contorna natural onde predominan as hortas e o Bosque de Galicia.