Área Central acolle unha exposición con réplicas de monumentos galegos

Fachada da Catedral recollida na exposición

Fachada da Catedral recollida na exposición / ECG

Redacción

O centro comercial Área Central acollerá ata finais do mes de abril a exposición Galicia monumental, unha mostra de réplicas dunha vintena de monumentos que pretende acercar aos visitantes a variedade e a riqueza do patrimonio arquitectónico galego, organizada pola Asociación EXIN Castillos y West, en colaboración coa Xunta de Galicia. Maquetas de pazos, faros e igrexas das catro provincias conforman esta mostra cultural e didáctica.

Nesta exposición empregáronse máis de 150.000 pezas. De elas, 30.000 utilizáronse para recrear a fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago. Da capital galega, os visitantes tamén poderán ver unha recreación de fachada románica da Catedral e unha maqueta do desaparecido edificio Castromil.