BNG

Sanmartín promete levar o saneamento a O Carballal

Goretti Sanmartín no encontro cos veciños de O Carballal /bng

Goretti Sanmartín no encontro cos veciños de O Carballal /bng / ECG

ECG

O Carballal é unha das parroquias de Santiago —xunto con Busto, Cesar e Santa Cristina de Fecha— na que ningún dos seus núcleos conta con saneamento e abastecemento de augas. A candidata do BNG, Goretti Sanmartín, comprometouse a dotar aos veciños destes servicios básicos, tras manter un encontro na zona. Segundo informa o BNG nunha nota de prensa, a candidata as municipais do 28-M comprometeuse a levar adiante o Pacto polo rural.

Ante a falta de execución por parte do Goberno local do PSOE, as medidas recollidas no documento posporanse a 2023-2030, considera o Bloque. A formación nacionalista engade que en O Carballal cómpre o arranxo de redes viarias, a pavimentación dos accesos aos principais núcleos de poboación de Lamas, As Quintás, Piñeiro, A Castiñeira e Tarrío. A iso súmase a limpeza das pistas forestais. “Santiago recibe importantes cantidades do POS da Deputación por ser un concello rural, mais logo as parroquias están peor que as dos concellos da contorna”, sostén o BNG.