A ETSE premiou a excelencia do alumnado no día do seu patrón

Autoridades presentes no acto do Día da Patrón da ETSE / s. alvite

Autoridades presentes no acto do Día da Patrón da ETSE / s. alvite / redacción

Redacción

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) conmemorou onte o día da súa festividade cun acto institucional presidido polo vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación, Gumersindo Feijoo, que serviu para facer entrega de múltiples galardóns en recoñecemento dos mellores expedientes, premios fin de carreira, TFG e TFM, así como a excelencia docente e investigadora. Foron distinguidos cos premios extraordinarios fin de carreira 21/22, José Luis Ares, Uxía Mata Rivas, Pablo Monteagudo, Manuel Bendaña, Sofía Gunturíz, Adrián Agraso, Jesús Gómez, Álvaro Goldar, Irene Mª Pintos. Os mellores expedientes de grao e mestrado foron de José Luis Ares, Uxía Mata, Guillermo Martínez, Pablo Monteagudo, Manuel Bendaña, Alejandro González, Sofía Gunturíz, Adrián Agraso, Jesús Gómez, Álvaro Goldar e Irene Mª Pintos. Os mellores TFG: Uxía Mata, Helena Feijoo, Guillermo Martínez, Pablo Monteagudo, Miguel Torres e Adrián Ocampo. Nos TFM, distinguiuse a Lucas Gastón, Javiera Francisca Gutiérrez, Brais Rodríguez, Álvaro Goldar e Irene Mª Pintos.