Seis anos de cárcere tras interceptarlle droga no aeroporto
Redacción
A Fiscalía e a defensa do home acusado dun delito contra a saúde pública, ao que se lle interceptou droga nun control de seguridade do aeropuerto de Santiago en 2022, chegaron a un acordo de conformidade sobre a pena solicitada, seis anos de cárcere. O caso, que procedía do Xulgado de Instrución Número 3 de Santiago de Compostela, estaba previsto que fose xulgado onte na sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, pero o xuízo non chegou a celebrarse ao chegar ambas as partes a un acordo. Tras o correspondente exame pericial da substancia rochosa de cor branca que o acusado levaba escondida dentro da súa roupa interior, resultaron ser 514,7 gramos de cocaína, cunha riqueza en cocaína de 84,5 %. O acusado tiña intención de vender a terceiras persoas a substancia, valorada prudencialmente na cantidade de 31.535,669 euros.
- Lavacolla se prepara para recibir a los viajeros de los vuelos desviados por el cierre de Peinador
- La USC nombra dos nuevos doctores "honoris causa
- Así es el impresionante palacete que recuerda a Downton Abbey: a la venta en Santiago de Compostela
- Crónica social compostelana | La familia De la Iglesia se reúne en honor a sus padres
- Joyas de Compostela: el arte de la orfebrería santiaguesa que los ourives han sabido preservar
- Atropello en Santiago: herido un peatón en la Rúa de Frei Rosendo Salvado
- Un recurso complica la contratación de las obras para terminar de rehabilitar el Palacete do Espiño
- Principio de acuerdo entre la Xunta y Raxoi para el nuevo aparcamiento en el Hospital Clínico