O goberno local traballa nunha proposta de transporte que mellore as conexións co rural
Bugallo anunciou que o servizo comezaría coa compra inicial de dous microbuses para os núcleos máis aislados // Outro obxectivo é reforzar o nexo cos polígonos industriais
Coa aprobación da licitación do novo servizo de transporte urbano, prevista para este luns, o goberno de Sánchez Bugallo traballa xa nunha proposta de transporte a demanda que complemente o servizo de autobús urbano e permita conectar mellor o rural co centro.
Trataríase dun servizo que, segundo explicou o alcalde, comezaría cun proxecto piloto, mercando dous microbuses “que máis adiante poderían incrementarse”, co obxectivo de que “aqueles núcleos do rural, especialmente na zona norte, que polo seu volume de demanda non sexa posible definir unha liña de transporte ordinaria, poidan ver atendidas as súas necesidades con este servizo”.
O Goberno da luz verde ao estudo económico para o novo contrato do transporte urbano
Esta proposta na que se está a traballar viría a complementar o novo contrato de transporte público co que “xa se melloran tamén as conexión entre centro, os barrios e o rural máis próximo”.
Isto débese a que a renovación completa da flota virá acompañada dun novo deseño de itinerarios de paradas e o incremento das frecuencias. Poñerase especial atención nos centros de traballo, cun reforzo das conexións cos polígonos empresariais, e entre os campus universitarios, co obxectivo de impulsar unha mobilidade sostible promovendo o uso do transporte público.
A maiores na liña dos servizos, Sánchez Bugallo recalcou que nas próximas semanas comezará a renovarse todo o alumeado público, logo de ser adxudicado o novo contrato de iluminación.
Raxoi adxudica por dez anos e 41 millóns de euros o novo contrato eléctrico para as farolas municipais
Nova zona de ocio infantil para a veciñanza de Verdía
Un dos proxectos que o alcalde compostelán lle presentou este sábado á veciñanza da parroquia de Verdía a través dun encontro foi o parque infantil con área biosaudable que se construirá ao carón da antiga estación de Verdía. “Queremos facer desta unha parroquia con mellores dotacións municipais que ofrezan oportunidades de ocio para a xente nova e, tamén, lugares de encontro para a veciñanza”, explicou o alcalde.
Cunha inversión que rondaría os cincuenta e cinco mil euros, o parque infantil aproveitaría algúns dos xogos do actual parque situado na actualidade ao carón do centro sociocultural, previa dunha reparación. Ademais, incorporará novos xogos adaptados a distintas idades e condicións físicas como pode ser un circuíto de redes multifución.
O espazo contará cun pavimento continuo absorbente de impactos na área de xogo e, ao carón, disporase dunha zona de biosaudables para dar servizo a unha poboación adulta dispoñendo dun espazo interxeracional para uso das familias da zona.
Temas
Más en Santiago
-
Agenda cultural: ¿Qué hacer hoy, 16 de mayo, en Santiago?
-
Memoria histórica en Santiago: “Los nazis mandaron al crematorio a mi tío por esconder pan”
-
La heredera de Rosario Porto cerró la venta del chalé de Teo en 150.000 euros
-
El jefe de la Policía Nacional de Santiago cesa de su cargo y se va a la Comisaría de La Rioja