SENLLAP, a aplicación para identificar as árbores senlleiras de Santiago de Compostela
Dispoñible en Play Store, presenta un sistema de navegación dividido en catro eixes temáticos: senlleiras, parques, especies e propostas cidadás
Redacción
O Concello de Santiago vén de poñer a disposición da cidadanía SENLLAP, unha app sobre árbores senlleiras do municipio. Deseñada como unha guía interactiva para dar a coñecer as árbores máis singulares dos parques da nosa cidade, a aplicación tamén permite á cidadanía enviar as súas propostas e participar na elaboración dun catálogo municipal de árbores extraordinarias.
A aplicación SENLLAP, dispoñible en Play Store, presenta un sistema de navegación dividido en catro eixes temáticos: senlleiras, parques, especies e propostas cidadás.
O apartado "Parques" achega a usuarios e usuarias unha guía para coñecer as árbores de vinte parques do núcleo urbano, con datos sobre cada un deles, como a súa extensión, tipoloxía, cronoloxía, localización e descrición. Tamén ofrece unha infografía onde se pode acceder á descrición e localización de cada unha das especies no mapa, xa que algúns dos parques, como a Alameda, Campus Sur, Belvís ou Bonaval, están divididos en dúas ou máis zonas debido a súa extensión.
"Especies" ofrece a descrición de case 140 especies ordenadas alfabeticamente. Pinchando en cada un dos botóns poderase acceder ao nome científico, ao nome galego e ao nome castelán, ademais de usos, orixe e curiosidades. Os textos están acompañados de fotos das árbores e detalles de follas, flores, sementes ou tronco para facilitar o seu recoñecemento en vivo.
"Senlleiras" ofrece información sobre un listado de 34 árbores que, por un motivo ou outro, se consideran singulares e que poderían optar a incorporarse a un futuro Catálogo Municipal de Árbores Senlleiras, un recurso do que xa dispoñen varias cidades españolas co fin de valorizar, protexer e dar a coñecer exemplares singulares do seu territorio. Neste listado figuran as sete árbores senlleiras do noso concello que están incluídas no Catálogo Oficial de Árbores Senlleiras de Galicia.
Por último, "Propostas cidadás" recolle as árbores candidatas a figurar no catálogo municipal a suxestión da cidadanía. Para facer estas achegas, os usuarios e usuarias poden facelo a través da sección "Involúcrate – subir árbore", co que se pode acceder a unha ficha interactiva para cubrir os datos da árbore, a súa ubicación, unha breve descrición e fotos do exemplar proposto.
- La tienda temática de Harry Potter más grande de España abre sus puertas en Santiago
- Estrella Galicia lanza la canción del verano: así suena el tema compuesto por un popular artista compostelano
- La heredera de Rosario Porto logra vender el chalé de Teo donde fue asesinada Asunta
- La Urbana llega a Santiago: el nuevo local de hamburguesas abrirá esta semana en Cancelas
- El jefe de la Policía Nacional de Santiago cesa de su cargo y se va a la Comisaría de La Rioja
- La residencia de estudiantes del viejo hospital de Galeras costará unos 900 euros al mes
- La heredera de Rosario Porto cerró la venta del chalé de Teo en 150.000 euros
- Solo 15 edificios de más de 50 años han pasado la ‘ITV’ obligatoria en Santiago con el plazo a punto de vencer