A escritora mexicana Lydia Cacho, galardoada nos premios Follas Novas da AELG

Personas premiadas en la gala del Teatro Principal

Personas premiadas en la gala del Teatro Principal / JESÚS PRIETO

REDACCIÓN

No Teatro Principal tivo lugar onte a gala dos premios Follas Novas do Libro Galego, promovidos pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), con Ledicia Costas, Antía Otero, Paula Carballeira, Eva Mejuto, María Alonso Seisdedos e Berta Dávila entre as premiadas na octava edición deste recoñecimento. Os galardóns honoríficos foron para desta edición son para Ediciós do Castro, pola Asociación Galega de Editoras; a libraría Númax, pola Federación de Librarías de Galicia, e a escritora mexicana con orixe galega Lydia Cacho, nomeada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega como Escritora Galega Universal. Cacho é unha xornalista mexicana, con raíces galegas, activista feminista e defensora dos dereitos humanos.gacións sobre a prostitución infantil. Os premios Follas Novas están organizados pola (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Fedración de Librarías de Galicia (FLG), co apoio da Concello de Santiago, a Deputación de A Coruña, a Xunta e CEDRO.