Goretti Sanmartín: “Co BNG no goberno conseguiremos que Santiago volva ser vangarda e referente cultural”
A Xunta debe dotar de orzamento o Conservatorio de Danza se o PP quere ter credibilidade
Redacción
A candidata do BNG Goretti Sanmartín avanzou medidas para conseguir que o concello de Santiago volva ser “vangarda e referente na cultura”, entendida como un dereito de toda a poboación. “Non esquezamos que a cultura é un dos motores económicos da cidade e creador de emprego, e que este é un dos sectores aos que o Concello non paga en tempo e forma polo traballo realizado”, advertiu.
Entre as medidas que o BNG porá en marcha no próximo goberno local, Goretti Sanmartín propón recuperar o exitoso ciclo de Sons da diversidade “para dialogar a nosa cultura co resto das expresións artísticas do mundo desde unha perspectiva multicultural e con proxección internacional”.
Para impulsar o sector cultural en Santiago e conseguir que sexa de primeiro nivel, o BNG quere crear un Museo da Fotografía para continuar coa tradición de Ksado, de Andrés Cisneros, de María Cardarelly e dos 24 estudios fotográficos no século XIX que estudou Carlos Castelao.
“No concello en que naceu Kukas, estando el en disposición de legar as súas escenografías, cómpre habilitar un espazo didáctico e creativo coa historia dos monicreques”, engadiu entre as propostas.
“Tamén queremos desenvolver unha Factoría cultural, para que a mocidade poida ter un espazo que fomente os procesos creativos, a interrelación do tecido cultural asociativo, proxectos de residencias artísticas e outras fórmulas que faciliten a promoción e produción cultural especialmente pensadas para a cultura de base”, indicou a candidata.
Ademais, o BNG comprométese coa posta en marcha do Conservatorio de Danza de Compostela, fronte ao candidato do PP “que un día apoia esta proposta e ao seguinte vota en contra dela no Parlamento”. Así, instou a Borja Verea a aclararse, a Xunta debe consignar un orzamento para o Conservatorio de Danza se o PP quere ter algunha credibilidade, afirmou.
- Deportes Cibeira echa el cierre después de 45 años: “Con algunos clientes te saltan las lágrimas”
- Un hotel de Santiago se cuela entre los mejores de España al ganar la nueva distinción de la Guía Michelin
- Crónica social compostelana | Jubilación en Monte do Gozo
- Una mirada al pasado de Santiago en color: así era la Compostela de principios del siglo XX
- La empanada esculpida en el Pórtico de la Gloria: el manjar que los godos trajeron a Galicia
- El parricidio de Brión: la muerte a hachazos del Dr. Antonio Pensado estremeció a la sociedad compostelana
- “Éntrame un nó na garganta cando chego ás portas do instituto”
- Un alumno del Colegio Peleteiro de Santiago arrasa en la Olimpiada Española de Química: se lleva el bronce tras hacer doblete en Galicia