concerto

SFDK regresa á Capitol tras o seu éxito en abril

Integrantes de SFDK, dúo de hip hop sevillano

Integrantes de SFDK, dúo de hip hop sevillano / Cedida

ECG

Despois dun primeiro concerto de SFDK na sala Capitol o pasado día 15 de abril, no que se agotaron as entradas, o grupo sevillano de hip hop ofrecerá hoxe unha segunda actuación no mesmo local da capital galega, para a cal se puxeron á venda 800 boletos, aforo do recinto. O dúo formado por Zatu e Óscar Acción Sanchez cumplen trinta anos de carreira e fano lanzando cancións como Mudanzas, corte nostálxico que forma parte do disco Inkebrantable. O concerto comezará ás 22.00 horas. ecg