Aviturga critica as políticas de vivenda turística de PSdeG e CA na campaña electoral

Aviturga enviou aos medios un comunicado criticando os posicionamentos e as propostas de socialistas e Compostela Aberta

Las inmobiliarias perciben escasez de viviendas en alquiler

Las inmobiliarias perciben escasez de viviendas en alquiler / ECG

Redacción

Á vista das últimas informacións arredor das vivendas turísticas en Compostela, xurdidas en diversos debates electorais, a Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia (Aviturga) enviou aos medios un comunicado criticando os posicionamentos e as propostas de socialistas e Compostela Aberta (CA) a este respecto. Segundo este comunicado, “as inmobiliarias chegan á cogobernanza do Concello” e fronte as palabras da candidata de CA, María Rozas, arredor da “limitación dos pisos turísticos a pesar das presión, que foron moitas”, Aviturga incide en que “ela saberá quen presionou” pero remarca que a formación pasou de 10 concelleiros en 2015 a 2 “que lle profetizan agora”.

A asociación tamén ten palabras para o candidato do PSdeG, Xosé Sánchez, que anunciou a construción de 10.000 vivendas no Ensanche Norte, 8.000 delas de protección oficial, para dicir que “o máis importante do seu mandato foi a modificación do PXOUM (Plan Xeral de Ordenación Urbana Municipal) para limitar as vivendas de uso turístico e as enquisas danlle perdas”.

Desde Aviturga aseguran que, “a modificación do PXOUM que aprobaron PSdeG e CA e da que se sinten cheos de orgullo e satisfacción conseguiu nalgunha zona multiplicar por 10 a posibilidade de obter licenza municipal para esta tipoloxía de aloxamento”. E fixan en 757 as vivendas de uso turístico da cidade, un 1,5% do parque inmobiliario total.