Síguenos en redes sociales:

Sanmartín: “Santiago abre hoxe unha nova etapa, cambia de ciclo”

Promete gobernar para toda a sociedade tras destacar que por primeira vez haberá unha alcaldesa feminista e nacionalista

This browser does not support the video element.

Goretti Sanmartín, celebrando os resultadosJesús Prieto

Durante toda a campaña amosouse convencida de que tiña posibilidades de ser alcaldesa. O seu rival, o socialista Xosé Sánchez Bugallo, contestoulle que de ilusións tamén se vive. Pero onte as ilusións fixéronse realidade. A nacionalista Goretti Sanmartín logrou seis concelleiros na Coorporación Municipal, os mesmos que o PSdeG. Pero o sorpasso produciuse en número de votos. 11.428 para os nacionalistas fronte a 10.513 para os socialistas.

La noche electoral de los partidos de Santiago en imágenesAntonio Hernández

37

“Santiago inicia hoxe unha nova etapa, comeza un novo ciclo”, aseverou onte na Nave de Vidán, Goretti Sanmartín. “Somos a forza que deu ilusión, esperanza, gañas de cambio”, proseguiu. A nacionalista quixo dedicarlle a victoria en primeiro lugar a todas as mulleres que a precederon. “Por primeira vez hai unha alcaldesa nacionalista e feminista”, resaltou. A continuación esforzouse en lanzar a mensaxe de que gobernará para o conxunto de toda a sociedade. “Temos un proxecto para todo o mundo, para os barrios, para o rural, para as parroquias, temos un proxecto que comezaremos a facer realidade a partir de mañá mesmo”, afirmou.

Sanmartín indicou que asume a responsabilidade de ser alcaldesa con “toda humildade e con toda enerxía” e prometeu deixar a pel e “traballar arreo” polo concello cun “proxecto ilusionante e transformador” que permitirá “abrir unha etapa de futuro”.

“Sumamos unha nova alcaldesa para este país”, congratulouse xusto antes da intevención da compostelana a voceira nacional Ana Pontón. Porque o sorpasso de Sanmartín foi un dos maiores logros do BNG este28-M. “É día de celebración Santiago de Compostela non é calquera concello é a capital do país”, lembrou a candidata do BNG na cidade. Sanmartín considerou o acontecido en Compostela como o preludio do que pasará nas vindeiras autonómicas con Ana Pontón como próxima presidenta da Xunta.

Durante a campaña prometeu situar as personas no centro das súas políticas, facer unha cidade accesible, feminista, verde, potenciar o comercio de proximidade e converter Compostela nunha vangarda cultura. Agora terá catro anos para demostralo.

Pulsa para ver más contenido para ti