Homenaxe ao profesor Luis A. Cordero

Asistentes ao acto de homenaxe a Luis A.Cordero Rego/  | SANTI ALVITE

Asistentes ao acto de homenaxe a Luis A.Cordero Rego/ | SANTI ALVITE / l.r.

A USC e a Real Academia Galega de Ciencias celebrou onte un acto de homenaxe ao profesor Luis A. Cordero Rego, falecido o ano pasado. A decana da Facultade de Matemáticas leu unhas verbas do catedrático de Xeometría e Topoloxía da Universidade de Santiago e académico numerario da RAGC. “A coherencia do edificio matemático sempre provoca asombro, pero pensar ou facer crer que está acabado sería un erro dramático, xa que iso sería negar que as Matemáticas son unha ciencia e unha ciencia moi viva, unha dobre verdade moitas veces agachada”. Ademais de Vázquez Cendón, presentaron o acto o presidente da Academia, Juan Lema; e o director do departamento de Matemáticas da USC, Antonio Gómez. No transcurso do mesmo participaron Juan J. Nieto, catedrático de Análise Matemática da USC e académico da RAGC; Manuel de León, profesor de investigación no Instituto de Ciencias Matemáticas do CSIC e académico correspondente da RAGC; e Eduardo García, catedrático de Xeometría e Topoloxía da USC. O reitor da USC, Antonio López, clausurou o encontro.