Síguenos en redes sociales:

O BNG e o PSOE de Santiago achegan posturas sobre asuntos locais pero seguen sen acordo de Goberno

Mercedes Rosón di que hai que seguir falando, aínda que definiu a reunión como "intensa e fructífera".

Nacionalistas e socialistas citáronse para unha nova xuntanza a semana que vén, cando o BNG agarda que o PSOE traslade xa a súa decisión.

O BNG e o PSOE de Santiago achegan posturas sobre asuntos locais pero seguen sen acordo de GobernoEUROPA PRESS

O BNG e o PSOE de Santiago volvéronse reunir este xoves para negociar a posible entrada dos socialistas no goberno local liderado pola nacionalista Goretti Sanmartín, un encontro que finalizou sen acordo sobre este punto. Así o comunicaron a candidata nacionalista á Alcaldía, Goretti Sanmartín e a socialista Mercedes Rosón ao termo do encontro celebrado nun hotel da capital galega.

A portavoz do BNG, Goretti Sanmartín, mostrou o seu interese en chegar a acordos cos socialistas pero dixo que "hai q respectar os tempos das outras formacións". Preguntada por se agarda que PSOE de Santiago entre no goberno cando o bloque non o fixo no seu día, asegura que é unha cuestión numérica, 10 edís fronte a 2 daquela, mentre agora o reparto é de 6 para ambas formacións.

Te puede interesar:

Pola súa banda, Mercedes Rosón, afirmou que a reunión fora "intensa e fructífera" pero que hai que continuar falando. Preguntada pola renuncia de Xaquín Fernández Leiceaga, a número dous na lista do PSOE di que "se trata dunha decisión persoal que, obviamente hai que respectar", e que o resto do equipo segue "ás duras e ás maduras". Acerca de se sentiu interpelada polas declaracións de Leiceaga sobre "dar un paso ao lado", Rosón remitiu á anterior declaración e rematou cun "cada un q apande co seu".

Ambas as formacións, que achegaron posturas sobre asuntos locais, citáronse para reunirse a comezos da próxima semana, unha cita na que o Bloque espera o PSOE xa traslade a súa decisión.

Pulsa para ver más contenido para ti