A dirección do PSdeG é partidaria de non entrar no goberno de Santiago, pero garante apoio a proxectos
Formoso sinalou que a decisión sobre a entrada ou non no goberno municipal será "acordada" co grupo municipal e nela "prevalecerán os intereses da cidade e do PSOE"
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, explicou que a dirección da formación é partidaria de non entrar no goberno de Santiago pero garante que os socialistas apoiarán os "bos proxectos".
Así o sinalou durante a súa intervención ante o comité nacional do PSdeG, o máximo órgano do partido entre congresos, foro ante o que destacou que o pacto co BNG para favorecer a investidura de alcaldes progresistas o vindeiro sábado, día 17 de xuño, está avanzado.
Valentín González Formoso anuncia eleccións primarias en setembro para elixir o candidato á Xunta
"Temos un pacto avanzado que evoluciona da mellor maneira, no que garantimos as dúas forzas que o progresismo estea nas alcaldías", sostivo para citar o caso de Santiago, onde os socialistas avanzaron que apoiarán a investidura da nacionalistaGoretti Sanmartín.
Dito isto, asegurou que para a formación foi un "mal trago" perder a alcaldía de Santiago, despois dun goberno do "sentido común" capitaneado por Xosé Sánchez Bugallo. "Ter que afrontar a perda do goberno da capital de Galicia non é fácil, por moi progresista que sexa a opción que a optar á alcaldía", dixo.
Formoso dejará que las ciudades tengan autonomía para pactar
Despois iso, sinalou que a decisión sobre a entrada ou non no goberno municipal será "acordada" co grupo municipal e nela "prevalecerán os intereses da cidade e do PSOE".
Con todo, incidiu en que "a conclusión inicial" á que chega a dirección do PSdeG é "non entrar é a opción principal". "Pero o que ten que ter claro a cidadanía é que o PSOE vai estar á altura e que nunca un bo proxecto para a cidade vaise a deixar de realizar porque non teña apoio do PSOE", apuntou.
Temas
Más en Santiago
-
Violencia machista en Compostela: detenido un varón por agredir a su pareja en la zona de Galeras
-
Compostela está en el ‘top 20’ de ciudades españolas con las tarifas de taxi más caras
-
“O transporte público actual xa non responde á natureza de Santiago”
-
O Comité de Aena mostra “apoio total” aos traballadores do aeroporto Rosalía de Castro