O Concello estudará as queixas dos veciños do casco histórico

Xuntanza entre representantes do goberno municipal e da asociación de veciños Fonseca, onte en Raxoi / CONCELLO

Xuntanza entre representantes do goberno municipal e da asociación de veciños Fonseca, onte en Raxoi / CONCELLO / REDACCIÓN

Redacción

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, a concelleira Míriam Louzao e os concelleiros Iago Lestegás e Xesús Domínguez mantiveron este luns unha xuntanza no Pazo de Raxoi coa asociación veciñal Fonseca para tratar diversos asuntos. Entre os asuntos que se abordaron, a revisión do Plan Especial do Casco Vello, ademais, de cuestións relacionadas coa recollida de lixo, a mobilidade e o turismo. A alcaldesa sinalou ante os medios que xa era coñecedora de moitas das reivindicacións da entidade e que serán trasladadas aos diferentes departamentos para o seu tratamento.