USC e RAG despiden o estudantado de ‘Galego sen fronteiras’ logo de tres semanas de programa
Boa parte do alumnado que participa neste curso verte a literatura galega á súa lingua ou ensino o galego noutras universidades

Foto de familia dos cincuenta alumnos e alumnas que participaron en ‘Galego sen fronteiras’ da USC / Santi Alvite / Ana Triñáns

A Universidade de Santiago (USC) e a Real Academia Galega (RAG) clausuraron onte os cursos de lingua e cultura galegas ‘Galego sen fronteiras’, que se retomou despois de tres anos de interrupción por mor da pandemia da Covid-19. Nesta trixésimo terceira edición participaron medio cento de estudantes de países de tres continentes. A sesión de clausura, que tivo lugar na Facultade de Filosofía, estivo presidida polo reitor Antonio López e contou coa participación do director dos cursos, Henrique Monteagudo; a directora do Instituto da Lingua Galega (ILG), Elisa Fernández Rei; o presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Fernández Freixanes; e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez.
“Estamos moi orgullosos de todos vós”, dixo o Antonio López na clausura, “estamos seguros de que ides levar de volta a nosa lingua, a nosa cultura e o noso cariño”, afirmou o reitor, que leu lle deu paso ao alumnado que relatou a súa propia experiencia coa lingua e a cultura galegas. Pola súa parte, o presidente da RAG apelou aos mozos e mozas para que sigan “cultivando a relación de afecto” entre eles e “con Galicia”.
O profesor Monteagudo cualificou os mozos participantes na iniciativa como “sopro de alento” para a lingua galega. Elisa Fernández Rei, directora do ILG, subliñou que estes cursos son “unha experiencia de intercambio entre persoas de culturas moi diversas que se interesan pola galega e ese é un motivo de satisfacción”. “Xa formades parte da comunidade de estudos galegos e estamos seguros de que levaredes algo de Galicia alí onde vaiades”, engadiu. Pola súa parte, Valentín García definiu o alumnado participante como “embaixadores de Galicia”.
O alumnado desta edición proceden dos Estados Unidos, da Arxentina, do Reino Unido, do Brasil, da India, da China, de Finlandia, de Francia, de Países Baixos, de Italia, de Ecuador, de Cuba, de Polonia, de Alemaña, de Rusia, de Suíza, de Austria, de Chequia e de México, e doutras comunidades autónomas. Súmanse así aos preto de 3.000 estudantes que dende 1988 pasaron polas aulas de ‘Galego sen fronteiras’ e moitos deles, na actualidade, dedícanse a verter a nosa literatura galega a outras linguas e a ensinar o galego noutras universidades.
O curso desenvolveuse durante tres semanas, unha experiencia de inmersión lingüística e social ao tempo que asistiu a clases e seminarios organizados en distintos niveis. A oferta completouse con visitas e outras actividades que ofreceron unha aproximación á realidade da comunidade dende diversas perspectivas, da literaria e lingüística á musical á artística e paisaxística.
O programa de palestras contou con relatorios de figuras como o a escritora Marilar Aleixandre, o cineasta Álvaro Gago, Malores Villanueva, biógrafa de Francisco Fernández del Riego; María Obelleiro, directora de Nós Diario, ou a escritora Fina Casalderrey. A programación contou tamén con obradoiros de baile tradicional e regueifa a cargo de Mercedes Prieto e Alba María, respectivamente; unha viaxe no tempo polas rúas de Santiago de Compostela.
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Las fiestas de a Nosa Señora da Mercé de Conxo vuelven con música, pulpo y un emotivo homenaje a Kiko Fernández
- Christian Gálvez vuelve a Galicia: «Elegí Jacob para el ‘prota’ del libro que abre la saga como homenaje a Santiago»
- El pub de Santiago donde la gente se reúne para hablar de la muerte: 'Aquí nadie te juzga ni te mira raro
- El negocio de Santiago con 136 años que se adelantó a la venta online: 'El Internet de antes eran los buses
- De rodarse muy cerca de Santiago al ‘prime time’ de Antena 3: así es la serie que revive hoy en TV la Galicia del siglo XX
