O Concello paraliza as obras nos accesos á parcela da gasolineira de Brandía

Raxoi concedera en 2021 a licenza á empresa Carburantes Lugo S.L. para a construción dun edificio comercial e unha unidade de subministración de carburantes

Carburantes Lugo SL gozó de la licencia municipal para obrar en noviembre de 2021, con un plazo de ejecución de seis meses

Carburantes Lugo SL gozó de la licencia municipal para obrar en noviembre de 2021, con un plazo de ejecución de seis meses / Antonio Hernández

ECG

O Concello de Santiago decretou a paralización das obras en execución por Carburantes Lugo SL nos accesos da parcela de Brandía e a suspensión dos usos que destas se derivan, ao non axustarse ás condicións sinaladas no título municipal habilitante. Esta paralización e suspensión, asinada o 20 de xullo de 2023, é executiva con carácter inmediato. Ademais, estas obras tampouco contan coa autorización para acceso permanente ao estar pendentes de que a comunicación previa de primeira ocupación despregue os seus efectos, condición necesaria para a autorización.

Desde o Concello de Santiago advertíuselle á empresa que con esta paralización se poderán adoptar as medidas provisionais necesarias para garantir a total interrupción da actividade, tales como precintado das obras, a retirada de materiais e maquinaria, a suspensión de subministracións ou a execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas, que se reiterarán ata acadar o cumprimento da orde de paralización e calquera outra medida que sexa conveniente a prol da efectividade da suspensión.