A vivenda comunitaria na vellez protagoniza o ciclo Encontros Emprendedores

A cita terá lugar o vindeiro martes entre as 11 e as 13.30 no Mercado Galego da Creatividade

O concelleiro de Vivenda, Iago Lestegás

O concelleiro de Vivenda, Iago Lestegás / ECG

ECG

O ciclo de Encontros Emprendedores continúan no verán, desta volta cunha sesión sobre “As alternativas arredor da vivenda para un xubilar activo, participativo e autoxestionado”. A cita que terá lugar o vindeiro martes 22 de agosto, entre as 11 e as 13 horas no Mercado Galego da Creatividade (Creativas Galegas). A inscrición é gratuita e aberta a todas as persoas interesadas, informou onte o Concello de Santiago.

“Esta nova cita centrarase na vivenda, unha temática central na vida das persoas que é necesario repensar”, explicou. Dada a amplitude e o interese social que xera este tema, esta sesión contará coa participación de Nieves Rodríguez, da asociación Larlilás, organización autoxestionada que ten o obxectivo de materializar un proxecto de vivenda comunitaria na vellez, e de Iago Lestegás, concelleiro de Urbanismo e experto en vivenda e en calidade de vida nas ciudades tendo en conta o impacto do turismo.

Durante o Encontro Emprendedor abordaranse os inicios desta iniciativa comunitaria, os pasos para organizarse, as dificultades atopadas e tamén os acordos fundamentais para desenvolver un proxecto conxunto destas características. Este encontro tamén pretende reflexionar sobre a vellez, o benestar e os coidados, así como as alternativas habitacionais ao longo do ciclo de vida.

Esta nova sesión terá lugar o vindeiro martes 22 de agosto, entre as 11 e as 13:00 horas, no Mercado galego da Creatividade (Creativas Galegas - Caldeirería 36). As inscricións están abertas e son de balde. Durante o debate, Creativas galegas ofrecerá un almorzo de produtos locais. Para máis información, pódese escribir a encontrosaxendaurbana2030@gmail.com.

“O programa Encontros Emprendedores ten coma fin dar a coñecer as principais liñas de acción da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela”, explica o Concello. Entre os seus obxectivos está tamén facer as veces de espazo de encontro, debate e coñecemento arredor de proxectos empresariais salientables vencellados aos 10 obxectivos da Axenda Urbana Española, resaltando a súa relación coas 6 Dimensións Estratéxicas da Axenda Urbana 2030 de Santiago.

O ciclo desenvólvese ao longo de todo o ano. Comezou en marzo cun encontro sobre modelo de cidade. En abril o cambio climático e a resilencia tomou o testigo, en maio foi o turno da xestión sostible dos recursos e a economía circular; en xuño falouse de mobilidade e transporte en xullo de Cohesión social e igualdade de oportunidades e en agost de economía urbana. Vivenda, era disital e gobernanza serán as temáticas para septembro, outubro e novembro.