Corte de tráfico na rúa Diego Bernal do 28 de agosto ao 1 de setembro

Levaranse a cabo traballos de aglomerado dende a rotonda que sube á Cidade da Cultura ata a rúa Ponte de Sar

Os cortes de tráfico afectarán as rotondas do Multiúsos e a rúa Ponte de Sar

Os cortes de tráfico afectarán as rotondas do Multiúsos e a rúa Ponte de Sar

Redacción

Dentro do plan de rehabilitación de firmes da cidade, a vindeira semana levaranse a cabo traballos de aglomerado na rúa de Diego Bernal, dende a rotonda que sube á Cidade da Cultura ata a rúa Ponte de Sar. O luns 28 e o martes 29 de agosto, o tramo afectado será entre as dúas rotondas existentes xunto ao Multiúsos de Sar, polo que quedará cortado á circulación. Establecerase un desvío por detrás do pavillón, permanecendo operativa a rotonda de acceso á Cidade da Cultura os dous días.

Para os días 30, 31 de agosto e 1 de setembro, os traballos realizaranse no tronco da rúa de Diego Bernal, polo que quedará cortado ao tráfico o tramo dende a rotonda da Cidade da Cultura ata a rúa Ponte de Sar. A rotonda non estará cortada, polo que a circulación tampouco se verá afectada neste punto. Os usuarios do Multiúsos deberán acceder e saír desde a mesma.

O horario dos cortes será desde as 08:30 ata as 19:00 horas.

Transporte urbano

Con motivo do corte total ao tráfico na rúa Diego Bernal, as liñas 9, C5 e C6 realizarán os seguintes desvíos:

LUNS 28 e MARTES 29: cortarase soamente a zona do multiúsos, desviando o tráfico polo vial traseiro do mesmo. Quedará suprimida para as liñas 9, C5 e C6 a parada 324, multiúsos Fontes do Sar.

MÉRCORES 30, XOVES 31 e VENRES 1: cortarase ao tráfico desde a rotonda de acceso á Cidade da Cultura ata Ponte de Sar. Desvíos:

*Liña 9: desde a parada das piscinas, a liña accederá directamente á Cidade da Cultura e viceversa. Quedará suprimida a parada 324, multiúsos Fontes do Sar.

*Liña C5: desde a rúa Ponte de Sar, ao non poder acceder a Diego Bernal, continuará por Ponte de Sar, rúa de Sar, Curros Enríquez, Bernardo Barreiro, avda. de Lugo e retomará o seu itinerario na rúa de Londres.

Quedarán suprimidas as paradas 324 (multiúsos Fontes do Sar), 383 (piscinas Fontes do Sar) e 492 (rúa das Fontes do Sar).

*Liña C6: desde a rúa París, ao non poder posteriormente acceder á rúa Diego Bernal, desviarase ao final desta rúa á esquerda cara a rúa de Londres, accederá ao carril de servizo da SC-20 en sentido centro, avda. de Lugo, Bernardo Barreiro, Curros Enríquez, rúa de Sar e retomará o seu itinerario habitual na rúa Ponte de Sar.

Quedarán suprimidas as paradas 494 (rúa Fontes do Sar nº 4), 493 (piscinas Fontes do Sar) e 324 (multiúsos Fontes do Sar).