Ambientazo para despedir agosto
Santiago despide o mes de agosto mantendo a cifra de peregrinos que se achegan á cidade durante todo o ano e a pesar das ondas de calor que nas últimas semanas afectaron a toda a Península Ibérica
As colas para acceder á Catedral chegan até o Obradoiro e a Quintana
Agosto despídese de Compostela mantendo as cifras de chegada de peregrinos á cidade, que aínda que sufriron unha baixada durante xullo e agosto por mor das altas temperaturas e as ondas de calor que afectaron a toda a Península Ibérica, seguen a situarse entre as 2.000 e as 3.000 persoas ao día. E isto só en canto a aqueles camiñantes que acoden á Oficina do Peregrino, dependente da Catedral, para recoller a súas credenciais, a Compostela.
Un dato moi significativo pero sobre o que puntualizaba recentemente en conversa con EL CORREO o presidente da Federación de Asociacións de Amigos do Camiño, Jorge Martínez-Cava, que indicaba que a Compostela recóllena aqueles peregrinos que fan a Ruta xacobea por primeira vez, mais aqueles que xa a fixeron máis dunha vez non recollen as súas credenciais, o que leva a pensar que a cifra de camiñantes que chegaron á cidade durante o verán, a pesar da calor, é superior á que pode rexistrar a citada oficina.
Nas últimas semanas, ademais da programación cultural que ocupou as rúas de Compostela, con festivais como o ‘C’ de artes escénicas na rúa, ou o popular Feito a Man de música en directo en diversas prazas da cidade histórica, eran máis que visibles as colas de peregrinos para acceder á Catedral, tanto para experimentar o abrazo ao Apóstolo (con acceso dende a praza da Inmaculada) coma para facer unha visita á basílica (con acceso dende Praterías). Neste último, as colas estendíanse cara á praza do Obradoiro, ou prolongábanse pola praza da Quintana, chegando incluso ás inmediacións da rúa Conga.
Alén disto, a cifra de visitantes que acolle a cidade tamén se fai notar nos bares que rodean a Catedral, algo que non sempre é ben acollido pola veciñanza, máis cando se está a falar do horario nocturno, que perturba o descanso da veciñanza da cidade histórica ou do barrio de San Pedro, tramo final do Camiño francés.
Sobre este último punto tamén falaban con este diario o xa citado Jorge Martínez-Cava e a presidenta da Asociación veciñal A Xuntanza (do barrio de San Pedro), Mon Villar. O primeiro, aseguraba en relación ao II Encontro Mundial de Asociacións de Amigos do Camiño, que se vai celebrar en outubro no Monte do Gozo, que un dos traballos que afrontarán será a concienciación dos camiñantes. “Los peregrinos deben aprender a comportarse, no comer en las plazas, no acampar en cualquier parque”, dicía Martínez-Cava.
La Federación de Amigos del Camino busca mejorar la relación entre vecinos y peregrinos
Tamén a presidenta da Xuntanza explicaba que as principais problemáticas do barrio viñan da man das grandes excursións e dos peregrinos en bicicleta que circulaban pola rúa en dirección prohibida e polas beirarrúas. “Hai unha diferenza entre aqueles peregrinos que fan a Ruta xacobea por crecemento persoal e os que a fan por turismo”, denunciaba.
Quedan aínda catro meses para despedir o ano e o que se agarda é que a afluencia de camiñantes continúe na que TopAdventure cualificou como “a ruta máis famosa do mundo”.
Temas
Más en Santiago
-
San Martín Pinario recupera su Pabellón Historicista para usos culturales y expositivos
-
Sin nuevas tiendas de recuerdos en el casco histórico de Santiago mientras no se modifica el Plan Especial
-
El Dr. González Rivas, médico del CHUS, lidera en Perú una compleja cirugía a una joven con una grave enfermedad
-
Axenda cultural: Que facer hoxe, martes 18 de xuño, en Santiago?