Mobilidade
As familias do Pío XII e Raíña Fabiola poderán acceder de balde ao aparcamento de Galeras
Os interesados teñen que solicitar unha tarxeta moedeiro nas dependencias do estacionamento
Terán que presentar un xustificante de ser membro da comunidade escolar dos dous colexios
O acordo acadado é similar aos que xa funcionan para outros centros educativos

Aparcamento A Catedral, situado na rúa de Galeras
El Correo Gallego
As familias dos colexios Raíña Fabiola e Pío XII poderán estacionar de balde durante 15 minutos nos horarios de entrada e saída do centro escolar no aparcamento A Catedral, situado na rúa de Galeras. Así o acordou a Concellería de Mobilidade cos responsables do estacionamento, co obxectivo de paliar os problemas de circulación e aparcamento na contorna dos dous colexios.
O concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, explicou que o obxectivo do acordo é "mellorar as dinámicas de entrada e saída dos dous colexios, onde se rexistran importantes problemas de circulación neses horarios determinados, con moitos vehículos estacionados en dobre fila, ocupando beirarrúas, e manobrando de xeito que se poden xerar situacións de risco para os nenos e nenas".
As familias interesadas en utilizar o aparcamento de Galeras teñen que solicitar unha tarxeta moedeiro nas dependencias do estacionamento, presentando un xustificante de ser membro da comunidade escolar dos dous colexios. Con ela, terán dereito estacionar 15 minutos de maneira gratuíta e, se se excede ese tempo, tan só terán que abonar a tarifa correspondente a eses minutos.
O acordo acadado co aparcadoiro A Catedral é similar aos que xa funcionan para outros centros educativos como o López Ferreiro ou o San Jorge, que poden estacionar de balde uns minutos no aparcamento de Xoán XXIII; ou cos colexios Compañía de María, Doña Emma e Orfas, que poden utilizar o estacionamento de Belvís co mesmo fin.
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- Sábado trágico en Santiago: una mujer pierde la vida tras caerle encima una nevera
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- Santiago se queda sin servicios mínimos de transporte urbano: los piquetes impiden la salida de los buses de Amio
- «Visitar esta zona de la Catedral de Santiago es algo increíble»
- Pesar por la muerte de Ramón Martínez-Rumbo, exdirector de Neurocirugía del CHUS y pionero en cirugía del Párkinson

