Modificacións no tráfico con motivo da 44ª Carreira Pedestre popular: restricións e consellos

A Concellería de Mobilidade e Convivencia informa á cidadanía de modificacións temporais no tráfico durante o transcurso do certame deportivo que organiza El Correo Gallego

Salida de una de las ediciones de la Carreira Pedestre Popular de Santiago desde la avenida de Xoán XXIII

Salida de una de las ediciones de la Carreira Pedestre Popular de Santiago desde la avenida de Xoán XXIII / ECG

Redacción

A Concellería de Mobilidade e Convivencia vén de informar de modificacións temporais no tráfico durante o transcurso da 44ª Carreira Pedestre Popular que organiza El Correo Gallego. Por mor das obras na rúa da Pastoriza, este domingo os vehículos das zonas de San Roque, Santa Clara, Espírito Santo, Basquiños, Pastoriza, Touro, Teo, Bonaval, e aparcamento da rúa Valle-Inclán, non poderán saír destas rúas entre as 10.00h, inicio da carreira de maiores, e as 12.00h, paso da carreira infantil. Raxoi prega á veciñanza desta zona que, en caso de ter que empregar os seus vehículos, os deixen estacionados fóra das rúas afectadas pola carreira.

Horarios

A saída da carreira de adultos está prevista ás 10.00 horas da avenida de Xoán XXIII e a de nenos e nenas, ás 11.30h desde o mesmo punto. A competición rematará na praza do Obradoiro.

Raxoi pide á cidadanía que se absteña, na medida do posible, de utilizar os seus vehículos na mañá do domingo, especialmente entre as 9:00 e as 14:00 horas, co obxecto de facilitar o desenvolvemento desta proba deportiva. Como norma xeral, en todas as rúas do itinerario da Carreira Pedestre produciranse restricións no tráfico, que se levantarán unha vez que pasen as últimas persoas participantes.

Itinerario da Carreira Pedestre

Os adultos sairán de Xoán XXIII cara á praza da Paz, San Caetano, Camiño Francés, rúa das Fontiñas, Concheiros, rúa de San Pedro, Porta do Camiño, Virxe da Cerca, Fonte de Santo Antonio, praza de Galicia, rúa Doutor Teixeiro, Puente Castro, rúa da Rosa, Santiago de Chile, praza de Vigo, Rosalía de Castro, avenida da Coruña, avenida das Ciencias, avenida do Doutor Novoa Santos, avenida das Burgas, avenida de Compostela, rúa do Cruceiro do Galo, Pombal, Galeras, Salvadas, Santa Isabel, Vista Alegre, avenida de Castelao, praza da Paz, avenida Xoán XXIII, praza de Ultreia, Espíritu Santo, Santa Clara, San Roque, Algalia de Arriba, praza de Cervantes, Preguntoiro, rúa do Castro, praza da Universidade, praza de Mazarelos, rúa do Cardeal Payá, Orfas, Toural, rúa do Vilar, praza das Praterías, Fonseca e praza do Obradoiro.

A carreira de nenos e nenas, que discorrerá por parte do percorrido anterior, tamén pasará polas rúas da Senra, Campo da Estrela, Porta Faxeira, avenida de Figueroa e Pombal.

Consellos para o tráfico de vehículos

  • Queda prohibido o estacionamento de vehículos na avenida de Xoán XXIII, Auditorio de Galicia e zonas valadas e sinalizadas da praza de Ultreia e Espíritu Santo dende as 22:00 horas do sábado 28 de outubro ata as 14:00 horas do domingo 29 de outubro.
  •  Os vehículos que accedan á cidade polo norte poderán circular en sentido descendente pola avenida de Castelao, enlazando con Salvadas e Galeras e saíndo por Poza de Bar, San Lourenzo e Avenida Mestra Victoria Míguez (Vidán, estrada AC-543 a Noia) ou por Vista Alegre xirando cara ao Romaño.
  • Os vehículos que accedan á cidade a través da estrada de Santa Comba circularán obrigatoriamente a través de Salvadas e Galeras na mesma dirección que os anteriores cara á estrada de Noia.
  • Os vehículos que desexen entrar ou saír da zona das rúas Hórreo, Gómez-Ulla ou área de influencia destas poderán circular polas rúas Bernardo Barreiro, Sar e Ramón Piñeiro, enlazando coa avenida de Lugo.
  • O tráfico procedente das estradas de Noia (AC-543), Ourense (N-525) e Pontevedra (N-550) en dirección ao norte da cidade deberá utilizar obrigatoriamente a autoestrada A-9 ou o periférico.
  • Deberá utilizar tamén a autoestrada AP-9 ou o periférico o tráfico procedente das estradas da Coruña (N-550) e Lugo (N-634 e C-547) que se dirixa ao sur da cidade.
  • Quedará dividida con valos a calzada no tramo que transcorre desde o cruce do Cruceiro do Galo polas rúas Galeras, Salvadas, Vista Alegre e avenida de Castelao; tamén se dividirá a calzada no tramo de Rosalía de Castro entre a praza de Vigo e a avenida da Coruña, e esta última entre Rosalía de Castro e Feáns, de forma que quedará habilitado para a carreira o carril de subida, e o de baixada, para permitir o acceso e saída dos aparcamentos da zona.
  • Debido a que a rúa da Pastoriza permanece cortada por obras, os vehículos do entorno das zonas de San Roque, Santa Clara, Espírito Santo, Basquiños, Pastoriza, Touro, Teo, Bonaval, e aparcamento da rúa Valle-Inclán, non poderán saír destas rúas entre as 10.00h, inicio da carreira de maiores, e as 12.00h paso da carreira infantil. Prégase á veciñanza desta zona que se teñen que utilizar o seu vehículo os deixen estacionados fóra das rúas afectadas.

Desvíos no transporte urbano

Todos os desvíos poden consultarse na páxina web www.tussa.org

A Concellería de Mobilidade e Convivencia do Concello prega á cidadanía que desculpe as molestias causadas pola celebración deste acontecemento deportivo e que acate as indicacións dos axentes da Policía Local, membros de Protección Civil e persoal da organización da carreira.