O Consorcio aproba o encargo a Tragsa da obra de substitución da cuberta do Pazo de Congresos
Está previsto que as obras comecen o 1 de xaneiro de 2024 e terán un prazo de execución de nove meses
Redacción
Despois de dúas licitacións frustradas, a Comisión Executiva do Consorcio de Santiago reuniuse este venres para aprobar, entre outros asuntos, o encargo á empresa Tragsa da obra de substitución da cuberta do Pazo de Congresos compostelán por un importe de 2.715.380,40€.
Encabezada pola alcaldesa da cidade e presidenta do Consorcio, Goretti Sanmartín, na xuntanza participaron os representantes das outras dúas administracións que conforman o Consorcio de Santiago: pola Administración Xeral do Estado estivo Ángel Esteban Paúl, inspector xeral do Ministerio de Facenda e Función Pública, e pola Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, Director Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.
Ademais, tamén asistiron os representantes dos diferentes grupos municipais, así como o secretario e o interventor do Consorcio.
Substitución da cuberta
Estas obras, que centraron a reunión, buscarán substituír a cuberta do Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, xa que sofre diversas filtracións de auga que afectan a todo o edificio. Está previsto que comecen o vindeiro 1 de xaneiro de 2024 e teñan un prazo de execución de nove meses.
Este contrato tramítase por vía de urxencia tras dúas licitacións. Na primeira delas resolveuse o contrato debido ao encarecemento dos materiais agravado pola situación da guerra de Ucraína, e a segunda, despois dun incremento de máis de medio millón de euros, quedou deserta tras non recibirse ningunha proposta.
- Cierra un nuevo local en la 'milla de oro' de Santiago y ya se alquila por 3.500 euros al mes
- Denuncian destrozos en el suelo del Obradoiro tras la actuación de la orquesta Panorama
- Relevo en la Gerencia del área sanitaria de Santiago: Sanidade nombra a Ángel Facio Villanueva
- Sin fecha para la residencia de Santiago donada por Amancio Ortega: la Xunta mantiene la previsión de abrirla este mes
- Sar: barrio rico, barrio pobre
- Sigue la polémica por la Panorama: el Concello evaluará los daños en el Obradoiro
- Una multinacional francesa toma el control de tres parkings de Santiago: San Clemente, San Caetano y el Hórreo
- Caamaño asegura que Ángel Facio llega a Santiago para "coger el toro miura que es el CHUS